3 Quotes by Ramón Otero Pedrayo
- Author Ramón Otero Pedrayo
-
Quote
Algún día escribirase a ética e a estética social do auto de liña. Por eles achéganse as vilas galegas. Dunha a outra non se desfai a corrente do pensamento. Non se impón cos ritos do tren que trazan unha paréntese infranqueable entre a saída e a chegada. Interponse demasiado ferro, e carbón. Canalizan os raís e o andén. O auto chega como un transquilométrico, cun certo modo de navega polo vagantío da estrada. Óllase o movemento das mans do piloto. Deixa ronsel.
- Tags
- Share
- Author Ramón Otero Pedrayo
-
Quote
A estrada, sobre todo a de primeira orde, impón ao peregrino un certo senso de obrigación, tiranicamente, sentido ao canalizar o andar e os pensamentos.
- Tags
- Share
- Author Ramón Otero Pedrayo
-
Quote
Na pelerinaxe artística ou de sinxela emoción de terras, as paisaxes fan collidas da man, cinguidas polo andar (loce a figura dun ouso, dunha portada en nós e xa outros asoman ao lonxe como os navíos na comba do mar; as paisaxes saen unhas creadas polas outras, ou como os artellos dun anteollo que se vai abrindo) zodíacos que cruzan o peito da terra nai.
- Tags
- Share