Algún día escribirase a ética e a estética social do auto de liña. Por eles achéganse as vilas galegas. Dunha a outra non se desfai a corrente do pensamento. Non se impón cos ritos do tren que trazan unha paréntese infranqueable entre a saída e a chegada. Interponse demasiado ferro, e carbón. Canalizan os raís e o andén. O auto chega como un transquilométrico, cun certo modo de navega polo vagantío da estrada. Óllase o movemento das mans do piloto. Deixa ronsel.
-Ramón Otero Pedrayo
Select a background
More quotes by Ramón Otero Pedrayo
Popular Authors
A curated listing of popular authors.